Blogia
into the valhalla

Bancos de tempo

Bancos de tempo

  Un banco de tempo é o nome que se lle dá a unha forma de organización que permite que as persoas intercambien tempo para compartir axudas e servizos. A unidade de cambio non é o diñeiro, intercámbianse favores por favores.

 Aínda que esta idea parece moi moderna, xa foi pensada no século XIX polo teórico anarquista Josiah Warren, mesmo tivo a súa primeira tenda do tempo: a "Cincinnati time store" que funcionou exitosamente desde 1827 ata 1830.

 Pois ben, uns 177 aniños de nada máis tarde esta fabulosa idea por fin chega a Galiza: no mes de maio os concellos de Allariz (¡¡como non!!) e Foz terán o seu banco do tempo.

 Ademais o xoves da semana pasada desenvolveuse a primeira xornada internacional dos bancos do tempo en Santiago de Compostela e como non teño moitas gañas de teclear, informádevos aquí: http://novas.xunta.es/node/4931.

3 comentarios

pi -

A verdade que quedo gratamente sorprendido porque a xuventude veñades con gañas de cambia-lo mundo.Con esa forza non habera marea que poida convosco,parabens.PI

Lara -

... i want more comments in my web :(

Lara -

Moi interesante, nunca oin falar diso antes. Nestes tempos polos que andamos non estaria de mais que alguén recuperase este "banco do tempo" hai moito que mudar, moitísimo mais que debatir e moi pouco que pensar...
"Amar peligrosamente", unha película que vos recomendo ;).