Blogia
into the valhalla

Sobre homes e mulleres

Sobre homes e mulleres

Seguramente todos estamos fartos de oír frases tópicas e típicas sobre o comportamento das mulleres e dos homes. Todos escoitamos falar, ás veces incluso da nosa propia boca (a autora non se exclúe) sobre a "natureza" masculina ou feminina. Pois o certo e que as diferenzas que poidan existir entre os dous xéneros (que non sexos) parece non radicar en ningún fundamento biolóxico, senón en fundamentos culturais.

Proba disto ven recollido no libro "sexo e temperamento en tres sociedades primitivas" da antropóloga Margaret Mead, libro que non fai falla dicir que recomendo a todo o mundo.  Nel estúdanse a tres pobos distintos de Papúa Nova Guinea: os arapesh, os mundugumor e os tchambuli e sorprendentemente (ou non) o que se atopou foi isto:

  • Os arapesh son un pobo pacífico, cooperativo e atento, tanto homes coma mulleres adoitan unha personalidade "feminina" e "maternal" con respeito a sexualidade e a educación dos fillos.
  • Os mundugumor, homes e mulleres son agresivos e amosan moi poucas mostras de tenrura.
  • Os tchambuli, en cambio, sí fan distincións en canto o sexo, pero dun xeito oposto o das culturas occidentais. As mulleres tchambuli son frías emocionalmente e dominantes e os homes sumisos e dependentes. Tarefas como o coidado dos fillos son destinadas ós homes mentras as mulleres traballaban.

 Por iso, a próxima vez, antes de falar recordemos que todo e producto da cultura, non da bioloxía e por tanto calquera prexuízo sexista pode ser eliminado (non sen esforzo) da sociedade.

2 comentarios

oli -

A ver iso esta claro q é algo socio-cultural q cada lugar. Pois debemos de erradicar eso de q as mulleres so poden traballar na casa e coidando os nenos ou tamen fora pero q o seu marido non as axude porq É UN HOME!! Eu non penso q as mulleres sexamos mellores q os homes xa q nos parecemos bastante nalgunhas cousas pero ben e certo q non somos iguais. So q alguns/has non se dan de conta de q decindo q eu son mellor q un home por ser muller ou viceversa, estase caendo no erro de sempre. Se te consideras mellor q alguen por o simple feito de ser ti e q realmente tes un problema, q por desgraza e moi dificil de erradicar, pero debemos intentalo por enesima vez. Todos debemos poñer un graniño da nosa parte para q non sexamos discirminados por razon de xenero.

Un biquiño

Lariuskinha -

As mulheres somos indescutibélmente superiores aos homems mas nâo é coisa do feminismo com bem poderiasse interpretar senâo uma mistura louca e sabedora da natureza do ser mais fermoso que hai na Terra: a mulher.

Porém, o feito de que algumas tarefas estem a ser elaboradas por nosoutras nâo é a consecuéncia de ninguma deficiência genetica nem de uma presunta carência de qualidades... e todo culpa da cultura machista á que fomos destinadas, todo produto da história escrita con manipulaçâo e mesmo maldade do home!!!!

luitemos com força e inteligéncia polo cambio!!!!