into the valhalla

O embigo do mundo/a estupidez humana.
A medio camiño entre Suramérica e Nova Zelandia, no Pacífico do sur afastado está a illa de Pascua ou Rapa Nui. Esta illa en forma de ferradura, de orixe volcánico, situada no medio de ningures, é coma un microcosmos, coma se resumísemos a situación mundial nun pequeno punto. No idioma autóctono, é coñecida como "Te pito o te henua", que significa "O embigo do mundo", iso xa o di todo.

Cando os europeos a descubriron habitaba nela un pobo caníbal e belicoso, reinaba a fame e a guerra,e sen embargo alí estaban: unhas enigmáticas e impoñentes esculturas, os moais, que non parecían ser froito desa sociedade tan atrasada.

Pois ben, isto quería dicir que na illa existira unha civilización bastante avanzada, pero... ¿Como consequiron facer os moais?¿Por que todo rematou desta maneira?

A cousa foi máis ou menos así:

A illa era rica en recursos: había árbores, pesca abundante e terreos fértiles onde cultivar o taro (alimento tradicional da polinesia).

Ó haber recursos abundantes, a poboación medrou, e polo tanto, puido especializarse: pescadores, agricultores, construtores...

Ó especializarse a poboación, xurdiu unha relixión organizada, froito dunha nova clase social emerxente: os sacertotes.

A nova (ou vella reformada) relixión requería a construción dos grandes moais, crese que como protección ou coma culto ós antepasados. Para arrastrar os moais cara a liña de costa, empregábanse grandes ramplas de madeira, que tamén era empregada para fabricar barcos de pesca.

Cada vez construíanse máis e máis estatuas e polo tanto talábanse máis e máis árbores. A madeira empezou a escasear.

A escaseza de madeira fixo que os barcos pesqueiros fosen máis débiles e polo tanto tiñan que faenar nas proximidades da illa. Isto fixo que os bancos pesqueiros do litoral mariño se fosen esgotando.

Ó haber menos árbores o solo foise volvendo cada vez menos fértil.

Todo isto ocasionou unha fame negra entre a poboación.

A pesares da fame negra, a clase sacerdotal quixo seguir construíndo moais. Isto dividiu a xente en dous bandos: os partidarios de empregar a madeira para construir moais e os partidarios de empregar a madeira para construir barcos de pesca máis grandes. Así comezou a guerra da madeira.

Durante a guerra, houbo sanguentos enfrentamentos entre os dous bandos, así como a destrución de numerosos moais.

A escaseza de alimentos derivou en máis enfrentamentos e no canibalismo. Esta foi a civilización coa que se atoparon os primeiros navegantes europeos que chegaron á illa. A mesma civilización avanzada que construiu tan grandiosos monumentos tras un desastre ecolóxico producido polo axente máis destrutivo de todos: a estupidez humana.

Pois ben, de volta ó século XXI, podemos observar que o ser humano non aprendeu nada... ¿Que diferenza hai entre a guerra pola madeira dos rapa nui e a guerra polo petróleo no Iraque?

Sobre homes e mulleres
Seguramente todos estamos fartos de oír frases tópicas e típicas sobre o comportamento das mulleres e dos homes. Todos escoitamos falar, ás veces incluso da nosa propia boca (a autora non se exclúe) sobre a "natureza" masculina ou feminina. Pois o certo e que as diferenzas que poidan existir entre os dous xéneros (que non sexos) parece non radicar en ningún fundamento biolóxico, senón en fundamentos culturais.

Proba disto ven recollido no libro "sexo e temperamento en tres sociedades primitivas" da antropóloga Margaret Mead, libro que non fai falla dicir que recomendo a todo o mundo.  Nel estúdanse a tres pobos distintos de Papúa Nova Guinea: os arapesh, os mundugumor e os tchambuli e sorprendentemente (ou non) o que se atopou foi isto:

Os arapesh son un pobo pacífico, cooperativo e atento, tanto homes coma mulleres adoitan unha personalidade "feminina" e "maternal" con respeito a sexualidade e a educación dos fillos.

Os mundugumor, homes e mulleres son agresivos e amosan moi poucas mostras de tenrura.

Os tchambuli, en cambio, sí fan distincións en canto o sexo, pero dun xeito oposto o das culturas occidentais. As mulleres tchambuli son frías emocionalmente e dominantes e os homes sumisos e dependentes. Tarefas como o coidado dos fillos son destinadas ós homes mentras as mulleres traballaban.

Por iso, a próxima vez, antes de falar recordemos que todo e producto da cultura, non da bioloxía e por tanto calquera prexuízo sexista pode ser eliminado (non sen esforzo) da sociedade.

Zonas de maior risco de incendios

Clara Campoamor
A ningunha persoa de ningunha época lle debe tanto a democracia no estado español como a Clara Campoamor, pois grazas á súa loita gozamos hoxe do sufraxio universal.  Defensora da igualdade de dereitos da muller, foi unha das impulsoras da aprobación do voto feminino nas segundas eleccións republicanas, así como da primeira lei do divorcio. Clara Campoamor foi unha muller que se fixo a si mesma, que loitou sempre contra todo, contra todos e contra todas para conseguir un estado onde a lei non fose un castigo, senón un amparo.

En 1931, cando as mulleres podían ser elixidas pero non electoras, saíu deputada nas listas do Partido Radical ó que se afiliou por ser «republicano, liberal, laico e democrático»: o seu propio ideario político. Pelexou eficazmente por estabelecer a non discriminación por razón de sexo, a igualdade legal das fillas e fillos habidos dentro e fóra do matrimonio, o divorcio e o sufraxio universal. A esquerda non quería que a muller votase porque supuñan que estaba máis influída pola Igrexa e ía favorecer á dereita. A dereita tampouco quería o voto feminino, pero apoiábao porque cría que sairía favorecida. E así foi: en 1933, a CEDA gañou as eleccións e formou goberno con Lerroux. Clara Campoamor decide saír das listas do Partido Radical debido a súa subordinación á CEDA. cando, nese mesmo ano, pediu ingresar en Esquerda Republicana sometérona á humillación de abrirlle un expediente e votar en público a súa admisión, que foi denegada. Nas seguintes eleccións gaña a esquerda, contando co voto feminino. Ninguén se disculpou con ela.

E hoxe en día, cando, practicamente o único logro que se conserva da II República é o sufraxio feminino, moitos seguen sen saber quen foi Clara Campoamor.

Bancos de tempo
Un banco de tempo é o nome que se lle dá a unha forma de organización que permite que as persoas intercambien tempo para compartir axudas e servizos. A unidade de cambio non é o diñeiro, intercámbianse favores por favores.

Aínda que esta idea parece moi moderna, xa foi pensada no século XIX polo teórico anarquista Josiah Warren, mesmo tivo a súa primeira tenda do tempo: a "Cincinnati time store" que funcionou exitosamente desde 1827 ata 1830.

Pois ben, uns 177 aniños de nada máis tarde esta fabulosa idea por fin chega a Galiza: no mes de maio os concellos de Allariz (¡¡como non!!) e Foz terán o seu banco do tempo.

Ademais o xoves da semana pasada desenvolveuse a primeira xornada internacional dos bancos do tempo en Santiago de Compostela e como non teño moitas gañas de teclear, informádevos aquí: http://novas.xunta.es/node/4931.

A pegada ecolóxica
¿Sabedes a cantidade de  natureza que necesitamos cada un para manter o noso  estilo de vida?

As pegadas Ecolóxicas documentan o consumo e a producción de desperdicios expresados na área bioloxicamente productiva e no espacio mariño necesarios para manter a poboación. Os resultados apoian ós cálculos específicos de recursos, e reúnen os efectos compostos do déficit de recursos.

Entrade aquí e descubrirédelo, máis de un levouse unha sorpresa... Se todo o mundo consumise coma o fago eu necesitaríamos 1,6 planetas...

¿Que opinades? ¿É ou non é preciso cambiar?

www.ecofoot.org