O embigo do mundo/a estupidez humana.
- A illa era rica en recursos: había árbores, pesca abundante e terreos fértiles onde cultivar o taro (alimento tradicional da polinesia).
- Ó haber recursos abundantes, a poboación medrou, e polo tanto, puido especializarse: pescadores, agricultores, construtores...
- Ó especializarse a poboación, xurdiu unha relixión organizada, froito dunha nova clase social emerxente: os sacertotes.
- A nova (ou vella reformada) relixión requería a construción dos grandes moais, crese que como protección ou coma culto ós antepasados. Para arrastrar os moais cara a liña de costa, empregábanse grandes ramplas de madeira, que tamén era empregada para fabricar barcos de pesca.
- Cada vez construíanse máis e máis estatuas e polo tanto talábanse máis e máis árbores. A madeira empezou a escasear.
- A escaseza de madeira fixo que os barcos pesqueiros fosen máis débiles e polo tanto tiñan que faenar nas proximidades da illa. Isto fixo que os bancos pesqueiros do litoral mariño se fosen esgotando.
- Ó haber menos árbores o solo foise volvendo cada vez menos fértil.
- Todo isto ocasionou unha fame negra entre a poboación.
- A pesares da fame negra, a clase sacerdotal quixo seguir construíndo moais. Isto dividiu a xente en dous bandos: os partidarios de empregar a madeira para construir moais e os partidarios de empregar a madeira para construir barcos de pesca máis grandes. Así comezou a guerra da madeira.
- Durante a guerra, houbo sanguentos enfrentamentos entre os dous bandos, así como a destrución de numerosos moais.
- A escaseza de alimentos derivou en máis enfrentamentos e no canibalismo. Esta foi a civilización coa que se atoparon os primeiros navegantes europeos que chegaron á illa. A mesma civilización avanzada que construiu tan grandiosos monumentos tras un desastre ecolóxico producido polo axente máis destrutivo de todos: a estupidez humana.
Pois ben, de volta ó século XXI, podemos observar que o ser humano non aprendeu nada... ¿Que diferenza hai entre a guerra pola madeira dos rapa nui e a guerra polo petróleo no Iraque?