Blogia
into the valhalla

O embigo do mundo/a estupidez humana.

O embigo do mundo/a estupidez humana.
 A medio camiño entre Suramérica e Nova Zelandia, no Pacífico do sur afastado está a illa de Pascua ou Rapa Nui. Esta illa en forma de ferradura, de orixe volcánico, situada no medio de ningures, é coma un microcosmos, coma se resumísemos a situación mundial nun pequeno punto. No idioma autóctono, é coñecida como "Te pito o te henua", que significa "O embigo do mundo", iso xa o di todo.
 Cando os europeos a descubriron habitaba nela un pobo caníbal e belicoso, reinaba a fame e a guerra,e sen embargo alí estaban: unhas enigmáticas e impoñentes esculturas, os moais, que non parecían ser froito desa sociedade tan atrasada.
 Pois ben, isto quería dicir que na illa existira unha civilización bastante avanzada, pero... ¿Como consequiron facer os moais?¿Por que todo rematou desta maneira?
 A cousa foi máis ou menos así:
  • A illa era rica en recursos: había árbores, pesca abundante e terreos fértiles onde cultivar o taro (alimento tradicional da polinesia).
  • Ó haber recursos abundantes, a poboación medrou, e polo tanto, puido especializarse: pescadores, agricultores, construtores...
  • Ó especializarse a poboación, xurdiu unha relixión organizada, froito dunha nova clase social emerxente: os sacertotes.
  • A nova (ou vella reformada) relixión requería a construción dos grandes moais, crese que como protección ou coma culto ós antepasados. Para arrastrar os moais cara a liña de costa, empregábanse grandes ramplas de madeira, que tamén era empregada para fabricar barcos de pesca.
  • Cada vez construíanse máis e máis estatuas e polo tanto talábanse máis e máis árbores. A madeira empezou a escasear.
  • A escaseza de madeira fixo que os barcos pesqueiros fosen máis débiles e polo tanto tiñan que faenar nas proximidades da illa. Isto fixo que os bancos pesqueiros do litoral mariño se fosen esgotando.
  • Ó haber menos árbores o solo foise volvendo cada vez menos fértil.
  • Todo isto ocasionou unha fame negra entre a poboación.
  • A pesares da fame negra, a clase sacerdotal quixo seguir construíndo moais. Isto dividiu a xente en dous bandos: os partidarios de empregar a madeira para construir moais e os partidarios de empregar a madeira para construir barcos de pesca máis grandes. Así comezou a guerra da madeira.
  • Durante a guerra, houbo sanguentos enfrentamentos entre os dous bandos, así como a destrución de numerosos moais.
  • A escaseza de alimentos derivou en máis enfrentamentos e no canibalismo. Esta foi a civilización coa que se atoparon os primeiros navegantes europeos que chegaron á illa. A mesma civilización avanzada que construiu tan grandiosos monumentos tras un desastre ecolóxico producido polo axente máis destrutivo de todos: a estupidez humana.

 Pois ben, de volta ó século XXI, podemos observar que o ser humano non aprendeu nada... ¿Que diferenza hai entre a guerra pola madeira dos rapa nui e a guerra polo petróleo no Iraque?

3 comentarios

a autora -

ains anónimo, ousexa lara... lee ben...
Para arrastrar os moais cara a liña de costa, empregábanse grandes ramplas de madeira...
para arrastrar os moais feitos de pedra, claro!!!

non estou segura de que se as mulheres gobernásemos non habería tanta guerra... acórdate da tatcher, por exemplo...

Anónimo -

non é por foder pero... xD, eses "moais" ou esculturas parecen feitos de pedra e non de madeira... lol ^^. Gustoume moito este artículo, fai reflexionar, sigo dicindo o mesmo: se as mulleres gobernasemos a Terra non haberia tanta guerra...

oli -

Pois, sip e non so no iraque, tamen en Rusia, non hai guerra, pero jodennos a todos de mala maneira, destruindo grazas as suas artimañas para conseguir o petroleo do ártico. Ousexa, q a estupidez humana chega a tales limites que alguns prefiren os cartos no banco e estar todos medio mortos q ter todos mais repartidos e vivir ben sen contaminacion. Cando cambiaran dunha PUÑETERA vez as cousas?? Espero que algun día e eso sexa o máis pronto posible...