Blogia
into the valhalla

ecoloxía

O embigo do mundo/a estupidez humana.

O embigo do mundo/a estupidez humana.
 A medio camiño entre Suramérica e Nova Zelandia, no Pacífico do sur afastado está a illa de Pascua ou Rapa Nui. Esta illa en forma de ferradura, de orixe volcánico, situada no medio de ningures, é coma un microcosmos, coma se resumísemos a situación mundial nun pequeno punto. No idioma autóctono, é coñecida como "Te pito o te henua", que significa "O embigo do mundo", iso xa o di todo.
 Cando os europeos a descubriron habitaba nela un pobo caníbal e belicoso, reinaba a fame e a guerra,e sen embargo alí estaban: unhas enigmáticas e impoñentes esculturas, os moais, que non parecían ser froito desa sociedade tan atrasada.
 Pois ben, isto quería dicir que na illa existira unha civilización bastante avanzada, pero... ¿Como consequiron facer os moais?¿Por que todo rematou desta maneira?
 A cousa foi máis ou menos así:
  • A illa era rica en recursos: había árbores, pesca abundante e terreos fértiles onde cultivar o taro (alimento tradicional da polinesia).
  • Ó haber recursos abundantes, a poboación medrou, e polo tanto, puido especializarse: pescadores, agricultores, construtores...
  • Ó especializarse a poboación, xurdiu unha relixión organizada, froito dunha nova clase social emerxente: os sacertotes.
  • A nova (ou vella reformada) relixión requería a construción dos grandes moais, crese que como protección ou coma culto ós antepasados. Para arrastrar os moais cara a liña de costa, empregábanse grandes ramplas de madeira, que tamén era empregada para fabricar barcos de pesca.
  • Cada vez construíanse máis e máis estatuas e polo tanto talábanse máis e máis árbores. A madeira empezou a escasear.
  • A escaseza de madeira fixo que os barcos pesqueiros fosen máis débiles e polo tanto tiñan que faenar nas proximidades da illa. Isto fixo que os bancos pesqueiros do litoral mariño se fosen esgotando.
  • Ó haber menos árbores o solo foise volvendo cada vez menos fértil.
  • Todo isto ocasionou unha fame negra entre a poboación.
  • A pesares da fame negra, a clase sacerdotal quixo seguir construíndo moais. Isto dividiu a xente en dous bandos: os partidarios de empregar a madeira para construir moais e os partidarios de empregar a madeira para construir barcos de pesca máis grandes. Así comezou a guerra da madeira.
  • Durante a guerra, houbo sanguentos enfrentamentos entre os dous bandos, así como a destrución de numerosos moais.
  • A escaseza de alimentos derivou en máis enfrentamentos e no canibalismo. Esta foi a civilización coa que se atoparon os primeiros navegantes europeos que chegaron á illa. A mesma civilización avanzada que construiu tan grandiosos monumentos tras un desastre ecolóxico producido polo axente máis destrutivo de todos: a estupidez humana.

 Pois ben, de volta ó século XXI, podemos observar que o ser humano non aprendeu nada... ¿Que diferenza hai entre a guerra pola madeira dos rapa nui e a guerra polo petróleo no Iraque?

Zonas de maior risco de incendios

Zonas de maior risco de incendios

A pegada ecolóxica

A pegada ecolóxica

¿Sabedes a cantidade de  natureza que necesitamos cada un para manter o noso  estilo de vida?

As pegadas Ecolóxicas documentan o consumo e a producción de desperdicios expresados na área bioloxicamente productiva e no espacio mariño necesarios para manter a poboación. Os resultados apoian ós cálculos específicos de recursos, e reúnen os efectos compostos do déficit de recursos.

Entrade aquí e descubrirédelo, máis de un levouse unha sorpresa... Se todo o mundo consumise coma o fago eu necesitaríamos 1,6 planetas...

¿Que opinades? ¿É ou non é preciso cambiar?

www.ecofoot.org