Blogia
into the valhalla

economía

Bancos de tempo

Bancos de tempo

  Un banco de tempo é o nome que se lle dá a unha forma de organización que permite que as persoas intercambien tempo para compartir axudas e servizos. A unidade de cambio non é o diñeiro, intercámbianse favores por favores.

 Aínda que esta idea parece moi moderna, xa foi pensada no século XIX polo teórico anarquista Josiah Warren, mesmo tivo a súa primeira tenda do tempo: a "Cincinnati time store" que funcionou exitosamente desde 1827 ata 1830.

 Pois ben, uns 177 aniños de nada máis tarde esta fabulosa idea por fin chega a Galiza: no mes de maio os concellos de Allariz (¡¡como non!!) e Foz terán o seu banco do tempo.

 Ademais o xoves da semana pasada desenvolveuse a primeira xornada internacional dos bancos do tempo en Santiago de Compostela e como non teño moitas gañas de teclear, informádevos aquí: http://novas.xunta.es/node/4931.