Blogia
into the valhalla

feminismo

Sobre homes e mulleres

Sobre homes e mulleres

Seguramente todos estamos fartos de oír frases tópicas e típicas sobre o comportamento das mulleres e dos homes. Todos escoitamos falar, ás veces incluso da nosa propia boca (a autora non se exclúe) sobre a "natureza" masculina ou feminina. Pois o certo e que as diferenzas que poidan existir entre os dous xéneros (que non sexos) parece non radicar en ningún fundamento biolóxico, senón en fundamentos culturais.

Proba disto ven recollido no libro "sexo e temperamento en tres sociedades primitivas" da antropóloga Margaret Mead, libro que non fai falla dicir que recomendo a todo o mundo.  Nel estúdanse a tres pobos distintos de Papúa Nova Guinea: os arapesh, os mundugumor e os tchambuli e sorprendentemente (ou non) o que se atopou foi isto:

  • Os arapesh son un pobo pacífico, cooperativo e atento, tanto homes coma mulleres adoitan unha personalidade "feminina" e "maternal" con respeito a sexualidade e a educación dos fillos.
  • Os mundugumor, homes e mulleres son agresivos e amosan moi poucas mostras de tenrura.
  • Os tchambuli, en cambio, sí fan distincións en canto o sexo, pero dun xeito oposto o das culturas occidentais. As mulleres tchambuli son frías emocionalmente e dominantes e os homes sumisos e dependentes. Tarefas como o coidado dos fillos son destinadas ós homes mentras as mulleres traballaban.

 Por iso, a próxima vez, antes de falar recordemos que todo e producto da cultura, non da bioloxía e por tanto calquera prexuízo sexista pode ser eliminado (non sen esforzo) da sociedade.

Clara Campoamor

Clara Campoamor

A ningunha persoa de ningunha época lle debe tanto a democracia no estado español como a Clara Campoamor, pois grazas á súa loita gozamos hoxe do sufraxio universal.  Defensora da igualdade de dereitos da muller, foi unha das impulsoras da aprobación do voto feminino nas segundas eleccións republicanas, así como da primeira lei do divorcio. Clara Campoamor foi unha muller que se fixo a si mesma, que loitou sempre contra todo, contra todos e contra todas para conseguir un estado onde a lei non fose un castigo, senón un amparo. 

En 1931, cando as mulleres podían ser elixidas pero non electoras, saíu deputada nas listas do Partido Radical ó que se afiliou por ser «republicano, liberal, laico e democrático»: o seu propio ideario político. Pelexou eficazmente por estabelecer a non discriminación por razón de sexo, a igualdade legal das fillas e fillos habidos dentro e fóra do matrimonio, o divorcio e o sufraxio universal. A esquerda non quería que a muller votase porque supuñan que estaba máis influída pola Igrexa e ía favorecer á dereita. A dereita tampouco quería o voto feminino, pero apoiábao porque cría que sairía favorecida. E así foi: en 1933, a CEDA gañou as eleccións e formou goberno con Lerroux. Clara Campoamor decide saír das listas do Partido Radical debido a súa subordinación á CEDA. cando, nese mesmo ano, pediu ingresar en Esquerda Republicana sometérona á humillación de abrirlle un expediente e votar en público a súa admisión, que foi denegada. Nas seguintes eleccións gaña a esquerda, contando co voto feminino. Ninguén se disculpou con ela.

E hoxe en día, cando, practicamente o único logro que se conserva da II República é o sufraxio feminino, moitos seguen sen saber quen foi Clara Campoamor.